Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”

A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”. Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias…

I+D+i: A pandeireta de coiro de cacique

Vimos de comprobar que nos últimos anos unha industria estase a converter en referente galego do sector manufactureiro. Non é outro que a industria pandeireteira. A gran calidade do coiro de cacique curado, durante anos de ínfimos traballos nas administracións públicas fan que as pandeiretas galegas se convertan nun obxeto moi cotizado tanto dentro do…

Descúbrese que un parlamentario levaba morto 10 anos

Atopárono sentado no sofá da súa casa, diante do televisor, completamente momificado, situación que os expertos forenses achacaron a inusual cantidade de formol que contiña o seu sangue. Os policías encargados de inspeccionar o lugar tiveron que tirar a porta abaixo porque estaba totalmente obstruída por unha morea de sobres que alguén se adicara a…

Chuza! e Menéame artellarán unha candidatura para as europeas

As candidaturas para as eleccións europeas multiplícanse. Despois de que Pablo Iglesias anunciara unha candidatura dos movementos sociais agora son as redes sociais as que anuncian unha candidatura conxunta para as eleccións europeas. A pesar de que o sector duro de Chuza! apunta que non irán xamáis con españoléame a asemblea da asociación da por…

A caluga de Lendoiro presentarase á presidencia do Depor

A sorpresa saltou onte cando a caluga de Lendoiro, nun exercicio propio das organizacións nacionalistas, excindiouse do actual presidente e anunciou que se ía facer unha candidatura para presidir o Deportivo da Coruña. Entre as primeiras medidas que anunciou destaca a incorporación dun segundo ‘L’ ao nome. Deste xeito, segundo declarou “El clú pasaría a…

Sospeitan que Resistencia Galega botou as bombas de palenque do 15 de agosto

O delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, dixo onte que os artefactos que explotaron no pasado día 15 por todo o país leva todos os selos de Resistencia Galega. Foron artefactos comunmente coñecidos como bombas de palenque, de certa potencia, sinalou Juárez aos medios de comunicación en Cambados, onde explicou que os explosivos, estalaron…

Samsung patrocinará as comparecencias de Rajoy

A multinacional chegou un acordo co Partido Popular para patrocinar os eventos. A empresa coreana ve un potencial tremendo na estratexia de Rajoy. Pensa que, ao non dar a cara, lles pode beneficiar enormemente. Para iso acaba de asinar un convenio co PP para patrocinar eventos deste tipo. Os departamentos de I+D+i de Samgung e…