A multinacional chegou un acordo co Partido Popular para patrocinar os eventos.
A empresa coreana ve un potencial tremendo na estratexia de Rajoy. Pensa que, ao non dar a cara, lles pode beneficiar enormemente. Para iso acaba de asinar un convenio co PP para patrocinar eventos deste tipo.
Os departamentos de I+D+i de Samgung e do PP están a traballar conxuntamente e proximante se prevé unha comparecencia a través do novo Samsung Galaxy S4 e probablemente tamén se contemple unha a través dun tablet. Ademais están estudando a alianza con outras empresas tecnolóxias para poder facer comparecencias a través de Line, Whatsapp e Yahoo Answers.
A corporación surcoreana tamén plantea sacarlle partido a esta nova alianza co lanzamento dun novo modelo de plasma que soamente sintonice Intereconomía, Popular TV, 13TV, La 1, TVG e Telemadrid. Segundo anunciaron tamén están a traballar nun filtro para que o programa “El Intermedio” sexa suavizado. Segundo avanzan a técnica de pixelización JimenezLosSanting promete convertir calquera impertinencia contra o goberno nun ataque contra a oposición.