Política

O PP pensa que Feijoo ten un ‘futuro Dorado’ pero el non quere meterse en fariña


Xoan Bascuas amosou o seu malestar porque Feijoo fale de finalizar o seu compromiso por Galicia.

O Partido Popular de Galicia amosou onte a súa satisfacción porque Feijoo non deixe o cargo de presidente da Xunta de Galicia. Fontes próximas ao partido indican que ‘Alberto es nuestra riqueza. Es como El Dorado y nos alegramos de que no cogiera ese barco’, comentan.

Outros colaboradores máis próximos ao presidente tamén pechan filas e quítanlle ferro as súas bágoas no momento de comunicar a decisión. ‘Eran lágrimas de alegría por quedarse en Galicia’, indican e descartan que o momento de emoción de Núñez Feijoo no acto puideran deberse a que o presidente vira truncadas as súas expectativas sucesorias ao fronte do Partido Popular do estado por presións ou motivos escuros. ‘El presidente siempre mide mucho sus actos. No se pasa de la raya¡, engadiron.

Xoan Bascuas

O voceiro da formación galeguista amosou a súa indignación porque Alberto Núñez Feijoo alegara o seu ‘Compromiso por Galicia’ como escusa para permanecer o país e non emprender a carreira sucesoria. Nun comunicado indicou que Feijoo non ten nada que ver con eles e que CxG é unha marca rexistrada.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.