O técnico coruñés tería chegado a un principio de acordo para adestrar aos dous clubes ao mesmo tempo. O técnico de Castrofeito é o adestrador de moda nos últimos tempos, tanto que tralo éxito das últimas xornadas de Liga co Deportivo da Coruña, onde leva 5 de 5 vitorias, ducias de clubes andan tras del. … Seguir lendo
Category Archives: Deportes
España culpa da súa eliminación á trama rusa
Os defensas do combinado ruso puxeron en marcha unha máquina de inxerencias no centro do campo. Miles de españois espertaron da sesta sobresaltados tras a eliminación da selección española a mans de Rusia. Os afeccionados non podían facer outra cousa que contar pases o que provocou que as comidas familiares do domingo exerceran o seu … Seguir lendo
Baixa ao VAR a por unha cervexa e remata expulsado do estadio
Un afeccionado galego ten que abandonar o estadio de Kaliningrado tras ser botado da sala do VAR onde pretendía pedir unha Estrella Galicia. O home de 38 anos e natural de Cuntis tería chegado a sala de axuda arbitral tras varias voltas ao estadio buscando un posto onde mercar cervexa. Deste xeito ao ver que … Seguir lendo
A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo
Na Coruña fodeuse pouco este ano. Onte coñeceuse que a aplicación de Android da Liga de Fútbol Profesional emprega o micrófono do teléfono dos usuarios para comprobar se están a piratear un partido. Informáticos ata as trancas de ritalín conseguiron descubrir que a mesma aplicación tamén espían os usuarios para coñecer os hábitos sexuais despois … Seguir lendo
O Dépor ficha a Seedorf mentres espera a que Zidane quede libre
O conxunto deportivista espera impaciente e mentres probará co xogador holandés. O presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández, presentaba onte en rolda de prensa ao que será o entrenador temporal do conxunto herculino mentres seguen a espera do cesamento de Zinedine Zidane por parte do Real Madrid. A mala xeira de resultados e de … Seguir lendo
O Deportivo da Coruña fichará un poste como defensa central
Con este movemento prevé reforzar a defensa no mercado de inverno. A directiva e o corpo técnico do Deportivo da Coruña teñen previsto fichar un poste no mercado de inverno para reforzar a defensa de cara á segunda metade do campionato ligueiro. Segundo informaron fontes próximas á equipa da cidade herculina prevén que con isto … Seguir lendo
A segunda equipación da selección española podería levar a aguia franquista para contentar a todo o mundo
A camisola que terá fondo branco e vermello tería a galiña franquista en lugar do habitual escudo. Tanto Adidas como a Federación Española de Fútbol tentaron no día de hoxe saír ao paso das declaracións acaecidas nos últimos días sobre o republicanismo da nova camisola da selección. Para tal fin, no día de onte foi … Seguir lendo
Cristiano Ronaldo indígnase co xuíz por sentalo no banquillo
O dianteiro do Real Madrid amosouse onte tremendamente indignado por estar sentado no banquillo. O periplo xudicial de Cristiano Ronaldo pola presunta fraude á facenda publica rematou no día de onte co astro portugués sentado no banquillo. O feito non lle resultou de agrado ao xogador que reclamou a titularidade ao xuíz que, estupefacto, lle … Seguir lendo
Sergio Ramos volve estrelar outra copa contra o chan
Os xogadores madridistas festexaron o seu triunfo nun bar de Cardiff onde Ramos estrelou o seu GinWater contra o chan. O Real Madrid alzouse en Cardiff coa súa décimo segunda copa de Europa, desta volta ante un rival xa coñecido noutras finais como é a Juventus de Turín. Despois da victoria con solvencia da equipa … Seguir lendo
Unzué ficha polo RC Celta de Mos
Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores, … Seguir lendo