Actualidade / Política

Decepción en Vox porque Abascal non levanta o papo tanto coma Millán Astray


Militantes e simpatizantes de Vox séntense terriblemente decepcionados co seu lider ao non ser capaz de levantar tanto o papo como o seu idolatrado Millán Astray.

O líder da formación de extrema dereita apenas conseguiu levantar o papo 60 graos o que, comparados cos 90 graos de Millán Astray fixo que acumulara crítiacas entre votantes e militantes de Vox.. “Un buen español tiene que levantar la barbilla por encima de la nariz”, indicaba un votante de Vox que acudiu á manifestación que se convocou en Madrid mentres outro exclamaba que “la derechita cobarde no es capaz de levantar la cabeza como se hacía antes”.

A manifestación convocada polo Partido Popular, Ciudadanos e Vox apenas congregou 50.000 persoas no centro de Madrid o que lle pareceu un éxito a Feijoo en contra do fracaso da manifestación que congregou a 30.000 persoas en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública.

“Cuando un Gobierno tiene una manifestación como ésta y tiene una contundente respuesta en lo que ha de hacer, cualquier Gobierno democrático en un país debe rectificar”, exclamou Feijoo. Preguntado por xornalistas sobre se ía mudar as súas políticas sanitarias despois da manifestación de hoxe o presidente da Xunta de Galicia contestou “Non, por que?”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.