O presidente da Xunta repasa nun corto as últimas semanas ata tomar “A decisión”.
Unha vez máis o futbolista catalán, Gerard Piqué, atópase no medio do lío e a polémica. Se hai unhas semanas a súa produtora estreaba o primeiro episodio de #LaDecisión, co futbolista do Atlético de Madrid, Antoine Griezmann, desta volta #LaDecisión centrase no político galego.
Nun percorrido polas últimas semanas do presidente Nuñez Feijóo, desde a moción de censura que fai caer a Mariano Rajoy ate o pasado domingo, cando por fin a decisión estaba tomada.
#ADecisión, que así se chamou este programa, moi intimamente relacionado con Galicia pretende facer ver as dificuldades que poden ter e sufrir os políticos á hora de tomar decisións de tal calado.
Despois dun repaso á carreira de Feijóo, na boca do propio presidente, no que pasa por bos momentos, pero tamén polos máis polémicos, como a súa amizade con Marcial Dorado, Feijóo aparece sentado nunhas escaleiras, do que presumiblemente pode ser Monte Pío, este asegura ter tomada unha decisión. É é que finalmente queda en Galiza.
Nuñez Feijóo asegura que aínda lle queda moito por facer, “o galego aínda se segue falando no rural, a sanidade todavía está a medio desmantelar, na cultura aínda hai moito que tocar e por suposto o Gaiás, aí aínda hai moito que invertir” remata o presidente.