Tras coñecerse o nomeamento de Donald Trump ao Premio Nóbel da Paz o comité de designacións ven de confirmar que Rodrigo Rato será nominado ao premio Nobel de Economía e’El Hormiguero’ ao de Física e Química. O Comité de Designación dos premios Nobel ven de dar a coñecer os nominados para os premios máis importantes … Seguir lendo
Category Archives: Economía
Os clientes de banca tamén terán que pagar a vaselina
O Tribunal Supremo corríxese a si mesmo e ademais indica que os clientes paguen do seu peto a vaselina Coa nova fórmula que aprobou o alto tribunal os clientes deberán pagar os trámites de hipotecas e os impostos que lle correspondían á banca pero, o tribunal supremo, que sempre pensa nos cidadáns cando toma as … Seguir lendo
O PP só quitará as pensións aos seus votantes
A medida, anunciada polo Goberno, implica unha rebaixa do 70% prorrogateada en 8 anos A última modificación normativa anunciada polo Goberno inclúe unha rebaixa de ata o 70% nas pensións dos seus votantes. A medida lévase a cabo despois de que o executivo anunciase que xa non queda diñeiro no fondo de pensións, o que … Seguir lendo
A ESO e o bacharelato computarán para o cálculo das pensións
O goberno propón a ampliación do período de cálculo das pensións a toda a vida das persoas. Será voluntaria. Quen non queira que lle compute quedará sen pensión. O PP ven de trasladar ao Pacto de Toledo, o órgano que se encarga do estudo da viabilidade das pensións, unha proposta para ampliar a toda a … Seguir lendo
Donald Trump imporá un arancel á prensa galega por estar altamente subvencionada
Dende o goberno de Washington chegaron á conclusión de que está altamente subvencionada e que isto é competencia desleal. As altas subvencións á prensa galega levaron onte ao Departamento de Comercio dos Estados Unidos a abrir un litixio comercial ao chegar á conclusión de o produto está altamente subvencionado dente a Xunta de Galicia de … Seguir lendo
Puigdemont asegura que a República Catalá pode sosterse economicamente coa venta de bandeiras
Tralo discurso da pasada noite, o presidente Puigdemont, este publicou unha story de Instagram comezando a dicir: “No vaig dir com la República Catalana es finançarà”. Foi tras ese momento no que o político deu a seguinte declaración na que puxo ao descuberto a maior das empresas da República Catalá. Con isto Puigdemont gañou 10 … Seguir lendo
As eléctricas controlarán a chuvia para que non baixe a luz
Despois de que Rajoy dixera que o recibo da luz baixará porque vai chover as eléctricas tomarán medidas. O lobby das eléctricas está a tomar medidas para evitar que baixe o recibo da luz por causa da chuvia. Deste xeito o departamento de I+D das empresas enerxéticas xa están a traballar na utilización de avións … Seguir lendo
As eléctricas comezarán a aceptar riles como pago da factura da luz
Con esta medida as compañías eléctricas solidarízanse cos seus clientes e ofrecen métodos alternativos de pago para non cortalles a luz. Endesa, Iberdrola e Gas Natural Fenosa xa preparan un novo método de pago para o suministro eléctrico. Órganos internos a cambio de electricidade. Os órganos menores como córneas cubrirán un recibo e os órganos … Seguir lendo
Varios concellos crearán a súa propia moeda
O meu concello, a miña moeda. Esta vai ser a máxima de moitos concellos que crearán a súa propia divisa. No concello de Pereiro de Aguiar nacerá o eliseo que equivalerá a dous euros. Nos últimos tempos, en numerosos concellos estanse a propoñer medidas innovadoras para fomentar o comercio local como pode ser a implantación dunha … Seguir lendo
A ultradereita propón cambiar o Euro polo Franco
Aproveitando o 80 aniversario do golpe de Estado contra a república, grupos de ultradereita piden o #Spainexit. Fanáticos e fascistas varios reclaman a saída de España da Unión Europea e apostan polo cambio de divisa inminente. Desta forma e mediante un comunicado con faltas de ortografía, os fachas propoñen o inicio do #Spainexit seguindo o … Seguir lendo