A Frente Popular de Xudea e o Frente Xudaico Popular irán xuntos ás eleccións


A sorpresa acaba de saltar en Xudea xa que, contra todo prognóstico, o Frente Popular de Xudea e o Frente Xudaico Popular concurrirán xuntos as eleccións xudeas.

Frente_popular_de_judea
Militantes do Frente Popular de Xudea nunha imaxe de arquivo

O que xa se coñece como a Syriza xudía vai comezar unha andadura non exenta de trabas. Deste xeito a Unión do Povo Xudeu, formación integrada no Frente Popular cualificou de romanistas aos seus aínda compañeiros e anuncian manifestos e propostas nas asembleas. Pola outra banda, desde o Frente Judaico Popular producíronse purgas na asemblea de Canaán.

Os líderes de Compromiso por Xudea cualifican de electoralista esta proposta e anuncian que se presentarán en solitaria aproveitando a fichaxe do Partido Popular de Xudea, fillo dun antigo ministro. O líder da formación indicou que non están de acordo co asemblearismo da FPX e do FXP e que, ademais, eles defínense como xudaístas e non como nacionalistas xudeus.

Pola súa banda, Causa Xudía, mira con vós ollos o nacemento da formación e saúda o nacemento dunha formación de liberación nacional que os libere do colonialismo de Roma.

Nos-Unidade Xudaica, aínda non se pronunciou.

Noutra orden de cousas a milicia romana detivo dous integrantes de Resistencia Xudaica polo lanzamento de pedras contra a Casa Consistorial de Xerusalén, localidade na que o alcalde facía ostentación de ter pinturas de Nerón colgadas nos muros do seu despacho e que tocaba marchas imperiais nas trompas romanas.

2 Comments Add yours

  1. Caio Alonso Monteirus di:

    Dende a RAX (a Real Academia Xudaica da lingua) pedímosvos unha revisión ás grallas ortográficas que inzan o texto.

  2. Pensamos que así pode servir 😉

    היהודיות יוגשו ביחד יהודים.

    מה כבר ידועכSyriza היהודי יתחיל במסע לא בלי מכשולים. כךהאיחוד של העם יהודי , הדרכה משולבת בחזית העממית בשםromanistas עמיתיו ואפילו לפרסם מניפסטיםוהצעותבאסיפות . מצד השני ,מהטיהורים הפופולריים היהדות שפתוחה התקייםבהרכבה של כנען.

    המנהיגים מחויבות יהודה כדי להעפיל לבחירות ולהכריז על הצעה זו יוצגה נהנהיהודה מפלגת העם , בנו שלשר לשעבר בחתימה בודדת. מנהיגהאימונים הצביע על כך שאינו מסכים עם asemblearismoFPXוFXP , ויתרה מזאת , הם מוגדרים כxudaístasואומנים אינם יהודים .

    בינתיים, גורם יהודי, אתה רואה בעיניים את לידתה של הכשרה ומברך על לידתה של במערך של שחרור לאומי,שחרורו של קולוניאליזם של רומא.

    ביחידה יהודית , עדיין לא הוכרז .

    בהזמנה נוספת של דברים מיליציה רומית נעצרה שניים מחבריהמחתרת היהודית בשיגור סלעים באתר העירייה ירושלים שבוראש העיר עשה ראוותנות של ציורים של Nero תלתה על קירות המשרד שלו ושיחק צעדותבקרנות רומי האימפריאלית .

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.