Política

Feijoo trata de conter o sorriso tras coñecer o resultado da moción da censura


Alberto Núñez Feijoo compareceu ante a prensa e dixo que ‘nunca seré un Judas’ tras o que se escoitou un ‘jijiji’.

A caída de Mariano Rajoy da presidencia do goberno dispara os rumores de sucesión por parte do presidente da Xunta de Galicia.

É vox populi que Rajoy tiña vetado a Alberto Núñez Feijoo nas listas estatais toda vez que coñecía a determinación do presidente da Xunta a disputarlle o liderazgo do partido a nivel estatal. Unha vez que o xa expresidente caeu podería ver desbloqueada a súa ambición de presidir o partido e ser o próximo candidato.

Dende o Partido Popular en Galicia non se están a pronunciar sobre o caso toda vez que existe o medo de que se Feijoo abandona Galicia para recabar no estado puiderase repetir a táctica Fraga e Mariano Rajoy podería ser o candidato do PP para a Xunta de Galicia.

Malestar pola papatoria de Rajoy mentres se debatía a moción de censura

Cargos do PP amosan o seu malestar pola ausencia do presidente durante o debate da moción de censura e indican que podería haber un video no que o presidente xunto cos seus ministros máis próximos, autodenominados Partido Falangista de Gavilanes estarían comendo durante o debate e, segundo esas mismas fontes, poderíase apreciar perfectamente como un deles dicía ‘Feijoo, hijo de puta’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.