As candidaturas para as eleccións europeas multiplícanse. Despois de que Pablo Iglesias anunciara unha candidatura dos movementos sociais agora son as redes sociais as que anuncian unha candidatura conxunta para as eleccións europeas.
A pesar de que o sector duro de Chuza! apunta que non irán xamáis con españoléame a asemblea da asociación da por feito que a candidatura unitaria dos agregadores de noticias vai concluír con éxito.
Desde Menéame, o sector máis ultra califica aos chuzeiros como “esos del norte con vacas” e anuncian que tamén tratarán de impedir que a candidatura non se leve a cabo. Segundo avanzaron a este medio a candidatura estará formada polos usuarios con máis karma. A equipa de administración de menéame anunciou que xa está preparada para o aluvión de noticias sobre gatos.
O exdirixente de Chuza! Berto Yáñez e Ricardo Galli, fundador de Menéame, xa anunciaron un encontro para tratar de pechar o programa, que será de código aberto e contará coas licenzas Creative Commons 3.0 e GNU Affero General Public License.
Pingback: Chuza! e Menéame artellarán unha candidatura para as europeas