Actualidade

Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”


mas alla - quen move os fios do mundo

Filtración da portada da nova estapa da revista Más Allá

A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”.

Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias de especiais sobre os peóns negros e o xogo de xadrez, as conspiracións xudeomasónicas e contará cun novo colaborador, nominado ao Nobel de Química, para facer novas probas aos explosivos do 11M.

O goberno manifesta que non ten nada que ver coa saída de Pedro J. do diario madrileño xa que lle encantaban as reportaxes sobre a corrupción no PP e sobre Bárcenas. A casa real tamén manifesta que os artigos dedicados á infanta lle parecían estupendos e chachipirulis e ambas as dúas institución lle desexaron moita exuperancia no seu novo proxecto.

A nova dirección do diario El Mundo xa confirmou xuntanzas para fusionarse co ABC e con La Razón. Segundo trascendeu, o posíbel nome da nova cabeceira será “O ABC da razón mundial” e se constituirá como un novo diario independente de ideoloxía maoísta-liberal-católica.

Pasarela Cibeles

Por último, Ágatha Ruíz de la Prada, confirmou que vai facer un vestido con forma de bágoa e outro con forma de esfínter anal para conmemorar a indemnización de 20 millóns de euros que o exdirector recibirá de indemnización.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.