Vimos de comprobar que nos últimos anos unha industria estase a converter en referente galego do sector manufactureiro. Non é outro que a industria pandeireteira.
A gran calidade do coiro de cacique curado, durante anos de ínfimos traballos nas administracións públicas fan que as pandeiretas galegas se convertan nun obxeto moi cotizado tanto dentro do país coma no estranxeiro.
Promotores e empresarios coinciden en que tras anos de decadencia do rural galego, por fin este da os seus frutos en forma coiro para este instrumento musical.
As pandeiretas varían os seus prezos dependendo da calidade do cacique da que sexa estraído o coiro, xeralmente despois de morto. Polo de agora os prezos máis elevados foron pagados polas Pandeiretas Cuinha, pero sen dúbida a xoia estrela do país aínda está por chegar, será a edición deluxe da Pandeireta Baltar, 100% cacique bo, na que todos coinciden será a mellor e máis vendida das pandeiretas de todos os tempos.
Seguiremos informando