Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía
Ciencia

Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía

O anuncio de Abel Caballero da instalación das luces de nadal fai ser precavidos a ópticos e oftalmólogos.   O anuncio de Abel Caballero de instalar máis de nove millóns de lámpadas led e iluminar árbores, consistorio e rúas puxo en alerta a científicos e profesionais da medicina para evitar que a poboación da cidade … Seguir lendo

Atopan un galego na auga líquida de Marte: “Está boísima, metédevos”
Ciencia

Atopan un galego na auga líquida de Marte: “Está boísima, metédevos”

Descobren auga líquida en Marte e a un galego bañándose nela dicindo: “Está boísima, metédevos” Foi o pasado día da Nación Galega cando un grupo de científicos italianos anunciaron o achado dun lago subterráneo de auga salgada baixo unha capa de xeo no polo sur do planeta vermello. A maior das sorpresas chegou cando observaron … Seguir lendo

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Ciencia

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense

Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a … Seguir lendo

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha
Ciencia

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking … Seguir lendo

Catalunya inventa a independencia de Schrödinger
Ciencia

Catalunya inventa a independencia de Schrödinger

Está nun estado cuántico de independencia e non independencia á vez. Científicos do CERN en Suíza acaban de demostrar empíricamente o estado cuántico de Catalunya que lle permite ser independente e, á vez, ser non indepedente. Os estudos levados a cabo polos físicos tamén deron como resultado o descubrimento dunha nova partícula subatómica: O Bosson … Seguir lendo

Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces
Ciencia

Un estudo explica porque os deputados do PP aplauden cando Rajoy di estupideces

Científicos do CSIC dan coa resposta ao porqué do aplauso dos deputados do PP cando Rajoy constrúe frases sen sentido. Despois de diversos estudos teóricos, estudos en campo, observacións do hábitat dos parlamentarios e varios miles de gráficos, ecuacións e estadísticas; un grupo de científicos do CSIC acaban de dar coa resposta que explica que … Seguir lendo