Actualidade

Sospeitan que Resistencia Galega botou as bombas de palenque do 15 de agosto


palenque

O delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, dixo onte que os artefactos que explotaron no pasado día 15 por todo o país leva todos os selos de Resistencia Galega.

Foron artefactos comunmente coñecidos como bombas de palenque, de certa potencia, sinalou Juárez aos medios de comunicación en Cambados, onde explicou que os explosivos, estalaron polos ceos e que todo parece indicar, aínda que faltan os resultados das analíticas, que son artefactos do tipo que utiliza Resistencia Galega.

O delegado apuntou que a presunta organización violenta normalmente non reivindica os seus actos, pero que este suceso leva todos os selos, pola data, polo tipo de artefacto e polo lugar.

Juárez destacou que os artefactos eran dunha certa potencia porque a pesar de estar no exterior, facían moito ruído, e dixo que no caso de que houbese persoas voando na zona sufrirían graves danos.

O delegado condenou o acto, que non encaixa no desexo e a vontade dos galegos e dixo que non é bo para a convivencia e a recuperación económica, porque a tal fin a estabilidade e a seguridade son fundamentais.

O artefacto non causou feridos aínda que si cuantiosos danos materiais nos paus das bombas.

Fontes da investigación apuntaron que, tras un durísimo estudo, a explosión se debeu a á pólvora das bombas de palenque.

Fontes do goberno sinalaron que os axentes policiais estiveron no lugar investigando os feitos e solicitando información.

Paus rotos, o falso fume polo ceo, e moito ruído son parte dos danos, aínda que tamén se asustaron tres gatos e un canciño.

Veciños da parroquias aseguraron escoitar un gran ruído que nalgúns casos espertounos. Deste xeito, unha muller que vive preto da oficina sinalou que sobre as 9.20 horas escoitou un forte estrondo, o cal mesmo causou que a súa neta saltase da cama.

Pensei que explotara a caldeira de casa, afirmou a muller, quen explicou que máis tarde puido comprobar que a detonación proviña das bombas.

Segundo indicou, ao pouco tempo chegou a Policía Nacional, á que deu aviso unha muller que vivía preto da zona, e que os axentes pediron a esa muller que non se aproximase ao lugar dos feitos. Así mesmo, explicou que houbo unha gran onda expansiva, os paxaros escaparon todos, aínda que non houbo propiedades danadas, declarou onte a muller.

Toda a veciñanza escoitou o estrondo da explosión, ruído que a algúns lles fixo pensar en que se podía producir un accidente de tráfico na zona.

Outro veciño que habita a un catro quilómetros do lugar dos feitos explicou que está afeito escoitar o son da dilatación que se produce ao paso dos coches por un viaduto próximo á súa casa, pero que pasadas as 9.00 horas escoitou un ruídos secos, que era diferente. Posteriormente decatouse de que ese estrondo proviña dos ceos.

Durante un percorrido pola zona do suceso, o emperador de Vigo, Abel Caballero, explicou que houbo explosións severas, que voou polos aires, danaron os paus das bombas, e asustaron a varios animaliños.

Un acto grave, incidiu, nunha zona próxima a lugares lúdicos e frecuentados nestas festas, que supuxo un risco potencial moi importante para os seus habitantes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.