Como se dun filme se tratara, os servizos médicos da cárcere de Sevilla-1 descubriron a pasada noite que as tatuaxes de José Fernando Ortega Mohedano ocultaban tras de si unha mensaxe, concretamente os planos da prisión onde se encontra e na que nos próximos días recalará seu pai, José Ortega Cano.
A pasada noite, José Fernando, pasaba a disposición dos servizos médicos da cárcere sevillana na que permanece recluído polos presuntos casos de agresión, roubo e incendio dun vehículo en Sevilla hai uns meses. Segundo fontes penitenciarias, unha pequena reyerta nas duchas da prisión fan que tanto José Fernando como outros dous reclusos teñan que ser tratados polo persoal médico. É alí onde mentres lle fan as pertinentes curas das súas feridas descobren as tatuaxes que cobren o seu corpo.
Alertados pola magnitude das tatuaxes e avisados os gardas de seguridade, proceden a súa inspección onde, ante a perplexidade destes, confirman que planos da prisión se atopan subliminalmente baixo frases e debuxos “reshulones” no corpo do mozo.
Posto de novo a disposición xudicial todo parece indicar que, ante a inminente entrada de seu pai na mesma cárcere andaluza, José Fernando mandou tatuar ditos planos para axudalo no futuro, nunha presunta fuga. Unha vez feito, procedería a cometer os delitos en contubernio con terceiras persoas, aínda por esclarecer. É así que as imputacións por un roubo con violencia, o delito de lesións e outro de danos intencionados, foron cometidos de maneira premeditada para poder entrar ao cárcere sen levantar sospeitas, desde alí e unha vez entrara seu pai planearían a súa escapada en base aos planos que este levaba impresos na súa pel.
Ábrese así un novo fronte de investigacións, nas que a policía nacional, xunto co CNI, deberán recadar todas as probas necesarias para desarticular a banda que se presupón lidera o toreiro José Ortega Cano.
En canto ás tatuaxes, a xuíza de Instrucción número 5 de Sevilla, Beatriz González Sánchez, ordenou que fosen borrados no menor tempo posíbel para non dar posibilidade ao resto de reclusos de copialos.