Política

Centos de monxas desconcertadas por non saber que papeleta das primarias darlle os anciáns


As primarias do PP provocan o desconcerto en membros do clero ao non ter claro cara cal dos precandidatos á presidencia do PP ten que ser o destinatario da carretaxe.

Numerosos grupos de monxas, alcaldes e membros do clero de distinta pelaxe amosaban onte o seu desconcerto ao non saber a quen tiñan que ir recoller e que papeleta meter nos sobres para as primarias para elixir o novo presidente do Partido Popular.

“Preguntamos a los cargos y cada uno nos decía una cosa distinta”, indican fontes dos carretadores profesionais do partido. “Fue muy desconcertante. El oficialismo de Feijoo apoyaba a Cospedal, el sector del birrete a Pablo Casado y Baltar a Soraya. Non había forma de aclararse. Hiciéramos lo que hiciéramos quedábamos mal con alguien y eso es muy peligroso cuando quieres ser un cargo o obtener un puesto en la Diputación”, explicaron con evidentes mostras de nervosismo.

As monxas dun asilo de anciáns de Lugo decidiron dividir aos anciáns en tres grupos que cada un deles votara polos favoritos: Casado, Cospedal e Casado. “No sabíamos que hacer y nos acordamos de la Biblia y de Salomón”, explicaron aos medios.

Xogar ao despiste

Feijoo non quixo dicir a quen votou nas primarias e os seus afíns afanáronse por manter o segredo do presidente e do seu entorno. “Por mucho que nos presionen no vamos a decir que votamos por Cospedal”, espetaron.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.