Ciencia

Jácome candidato ao Nobel de Química polos cálculos electorais no Concello de Ourense


Jacome

Pérez Jácome non sabe se se leva unha nos cálculos electorais

Segundo informan as axencias internacionais o edil ourensán recibiu hoxe pola tarde a nominación ao Nobel de Química.

Todo comezou cos cálculos electorais que Jácome realizou nun programa de televisión na cadea da súa propiedade. Os cálculos espertaron a curiosidade de destacadas celebridades das matemáticas e da física. Nun primeiro momento pensouse que a nominación viría no campo da física pero, segundo fontes da academia sueca, a exposición da que fixo gala o líder de Democracia Ourensana (DO) é propia do consumo dalgunha substancia que aínda está por determinar pero que podería ter unhas propiedades psicotrópicas infinitas. Hai científicos que apuntan ao descubrimento dun novo elemento químico dada a potencia dos efectos amosados.

Interese da HBO

O canal americano de televisión por cable xa está interesado en proseguir coa trama de Breaking Bad incluíndo unha personaxe baseada en Pérez Jácome que lle fará a competencia a Walter White cun novo produto moito máis potente que a meta azul.

2 thoughts on “Jácome candidato ao Nobel de Química polos cálculos electorais no Concello de Ourense

  1. Pingback: Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá” | Tempos Galegos

  2. Pingback: Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.