A ex ministra Celia Villalobos deixará o partido para adicarse ás partidas. Celia Villalobos deu onte a sorpresa ao anunciar que deixará a política para adicarse profesionalmente ao mundo dos videoxogos. “Da muchas más satisfacciones xuntar cinco caramelos en linea que unha proposición no de lei”, indicó en la rueda de prensa en la que … Seguir lendo
Category Archives: Tecnoloxía
En Marea organiza unha palestra sobre proteccion de datos
Despois do éxito acadado pola formación ruturista tras enviar a Julia Torregrosa, deputada cuxo vehiculo, sen seguro, estivo implicado nun accidente de trafico á Comision de seguridade vial e a Paula Quinteiro, trala sua polémica noite compostelá, na que empregou a sua condición de deputada para safar aos seus colegas de liortas policias a unha … Seguir lendo
Facebook comeza a cheirar a queixo tras a avalancha de fotos de pés na praia
A empresa de Mark Zuckerberg podería estar recopilando datos sobre cheiros para venderllos a empresas de desodorantes. Centos de usuarios da coñecida red social procederona realizar un contacto co soporte da mesma dando avisos de que o seus smartphones, portátiles e tablets estaban comezando a emitir un olor que identificaban co queixo despois de que … Seguir lendo
O novo Super Smash Bros incluirá militantes de Xeira e retrovisores
Tamén incluirá os cadrís dun señor de Anova non aliñado coa actual dirección. Nintendo ben de anunciar no E3, a conferencia máis importante de videoxogos do mundo, o lanzamento dunha nova entrega do Super Smash Bros para a súa consola Switch. Segundo avanzou a compañía nipona reunirá á maior colección de personaxes da saga xunto … Seguir lendo
As novas gafas de Google poderán quentar churrasco
A presentación feita no World Mobile Congress de Barcelona fai salivar os padales de todos os asistentes. Google volve dar ser sorpresa mundial trala presentación das suas novas Google Glass, que presentarán como novidade fundamental sobres as súas anteriores versións a capacidade de quentar churrasco ou outras comidas grazas ao poder térmico dun haz de … Seguir lendo
Google suspende a varias copisterías por pillalos copiando
O xigante norteamericano suspendeu nas súas ferramentas na rede a moitas das copisterías das principais cidades galegas logo de descubrir que copiaban. O responsable de Google afirmou nunha rolda de prensa ante unha das preguntas dos nosos xornalistas que na empresa valoran moito a innovación e o traballo propio, co que ao atoparse nesta situación … Seguir lendo
Google Chrome recoñece que utilizou a Castelao cómo inspiración da ventá de incógnito
A versión galega protexerá as pesquisas dos galeguistas da Audiencia Nacional Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasará a historia mundial, non só por ser unha das figuras máis relevantes no eido artístico e literario galego, senón tamén por servir de inspiración á equipa de Google Chrome no deseño da súa ventá de incógnito. A orixe da … Seguir lendo
O PP e C’s avisan a Twitter: ‘280 caracteres son muchos, mejor 155’
O Ministerio de Interior duplicará a plantilla de policías para facer fronte á grave ameaza á liberdade de expresión que supón poder escribir o dobre de caracteres en Twitter. Segundo avanzaron fontes próximas ao ministerio vaise proceder a ampliar a oferta de emprego de policías nacionais para facer fronte a esta nova ameaza. “Los rojos … Seguir lendo
O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados
“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos … Seguir lendo
Compostelán acaba o Pokemon Go tras pasar a tarde diante da sede do PP
Un rapaz compostelán batiu todos os records coñecidos do coñecido xogo de Nintendo ao capturar todos os Pokemons do xogo nunha soa tarde. O fito aconteceu este domingo cando Xurxo T.B. estaba aburrido na casa e decidiu pasar a tarde xogando ao Pokemon Go. Achegouse ata a rúa Alfredo Brañas e alí comezou a patida do … Seguir lendo