Política

Marnotes leva o Scattergories ao non admitírenlle ‘pulpo’ como animal de compañía


marnotes scattergories

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, protagonizou onte unha rabieta pública na vila do Arenteiro ao marchar co Scattergories despois de que un grupo de rapaces non admitira a palabra pulpo como animal de compañía. Ademais encargou un informe ao Centro de Estudos Carballineses para que indague sobre as posibilidades dos cefalópodos como mascotas.

O grupo municipal do Partido Popular pronunciouse a favor do seu alcalde e numerosos veciños da vila xa dixeron que tiñan pulpos amaestrados e que o Paul fora un exemplo de animal de compañía e que ademais acertaba as apostas e pronosticou que España ía gañar o mundial o que o facía, ademais, un animal patriótico digno de admiración.

Os rapaces cos que botaba a partida, preguntados por este xornal, declararon que levaban tendo problemas con el toda a tarde coas palabras que dicía que ‘semáfaro sempre se dixera así no seu pobo’ e que ía ‘pedir a inclusión no dicionario’.

A señora Agripina confirmou o do vocablo semáfaro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.