A TVG planea unha Galivisión con todos os concellos galegos

Recolle así o guante deixado polo festival de Eurovisión da pasada fin de semana. Despois do éxito de audiencia alcanzado polo festival de Eurovisión nesta edición de 2018, a TVG planea o deseño o seu propio festival, no que en lugar de países europeos concursarán todos os concellos do país. Nun programa piloto producido por…

Cancelan DiarioCultural e no seu lugar porán a Feijóo falando portugués en bucle

Desaparece un dos programa de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Na xornada de onte deuse a coñecer o contido da xuntanza do Comité Intercentros no que a CRTVG presentou a nova programación da Radio Galega. A principal novidade sería a eliminación do emblemático programa “O diario cultural” e a súa sustitución por un sketch ónde…

A revisión dos delitos de agresión sexual faráa Forocoches.

A decisión chega despois da polémica sentenza da Manada. O Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ven de anunciar en rolda de prensa a decisión tomada polo Goberno central: a creación dunha comisión que revise o título VIII do código penal no referente ós delitos de abuso e agresión sexual. A comisión estará conformada por destacados…

Colle unha fochanca da N-540 e acaba en Nova Celandia

Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca. Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como…

A Consellería convalidará a experiencia como Grao universitario

O plan Bolonia asegura así que todo o mundo poda ter un título universitario. A Consellería de Educación vén de confirmar nas últimas horas que a experiencia efectivamente é un grado é como tal será convalidado para todos aqueles que o soliciten e demostren ter cando menos unha experencia mínima de 10 anos nas materias…

CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio

Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de…

Trabúcanse e festexan o 25 de Abril con puntas

As persoas organizadoras confunden os tradicionais cravos da revolta con puntas para cravar na madeira. A xornada de onte foi moi movida no municipio de Tui, ónde o concello decidiu organizar unha festa en conmemoración do 25 de abril, todo un guiño ó país veciño. Sen embargo, un erro lingüístico levou á que se confundisen…

O PP ultima lei para prohibir a cor amarela

O executivo tería pensado levar o proxecto de lei ó próximo pleno. Fontes achegadas ó Goberno central indican que a prohibición da cor amarela é a próxima xestión que ten pensado levar a cabo a equipa de M.Rajoy. Tan só uns días despois de que a policía nacional requisase centos de bufandas, camisolas e calquera…