Cultura

A TVG planea unha Galivisión con todos os concellos galegos


Recolle así o guante deixado polo festival de Eurovisión da pasada fin de semana.

Despois do éxito de audiencia alcanzado polo festival de Eurovisión nesta edición de 2018, a TVG planea o deseño o seu propio festival, no que en lugar de países europeos concursarán todos os concellos do país.

Nun programa piloto producido por BerroalloProds son ata 10 os concellos participantes os que se poderán ver, deixando claro que na gala de Galivisión participarán os 313concellos galegos, que desputarán sendos cuartos de final, e semifinais ata chegar a gran final cos 33mellores concellos.

Como nas portentosas galas de Eurovisión, en Galivisión non faltarán todo luxo de efectos e decorados, xa que o momento da actuación poderá ser aproveitado polos concellos para promocionarse ademais da súa música. Vacas nas actuacións luguesas, chocos nas pontevedresas ou a clásica polémica acerca de se A Coruña cantará en galego ou español prevense como éxito asegurado neste novo programa.

As negociacións están abertas polo de agora e traballase arreo para que neste 2018, Galivisión poida deleitar a cada recuncho do país. Entre as datas baralladas polo de agora estarían a contorna do 25 de xullo, para facer coincidir o festival co día da Matria Galega.

En canto ao lugar para esta primeira celebración traballase con dous espazos que parten con ventaxa: o Lalín Arena no centro xeográfico galego, ou o Monte do Gozo, na capital.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.