As persoas organizadoras confunden os tradicionais cravos da revolta con puntas para cravar na madeira.
A xornada de onte foi moi movida no municipio de Tui, ónde o concello decidiu organizar unha festa en conmemoración do 25 de abril, todo un guiño ó país veciño.
Sen embargo, un erro lingüístico levou á que se confundisen termos, pois as persoas encargadas do deseño do festexo pensaron que a “revoluçao dos cravos” facía referencia ós cravos galegos, é dicir, ás puntas. Isto levou a que se encargasen centos de puntas nas ferraxerías e se adecentasen as rúas con barriñas metalicas ó longo e ancho da vila.
As imaxes do evento non tardaron en chegar ás redes sociais e foi así como as e os tudenses se decataron do seu erro, converténdose no máis comentado da tarde nas diferentes tabernas da localidade “Pra que logo digan que é o mesmo idioma” afirmaba unha veciña, “iso é un false friend de toda a vida” engadía outra, “todo o mundo sabe que a flor vermella é o caravel, non un cravo” comentaba un terceiro.