Actualidade

Centos de parellas de Lugo aproveitan a pinar no coche antes da prohibición


‘Hai que aproveitar mentres se poida’, comentou un cidadán ao ser preguntado.

As rúas e os coches de Lugo rebosan amor xa que, segundo denuncian veciños de Lugo, hai un grande número de parellas que está a aproveitar que a prohibición aínda non está en vigor para fochicar no coche.

‘Ir a Outeiro de Rei é antierótico’, comenta unha muller. ‘Ademais están privando aos futuros nenos a sen enxendrados en Lugo’, exclama.

Pola súa banda o concello de Friol xa anunciou que ten unha solicitude para a instalación dun autocine e que así os mozos lucenses poidan elixir o seu concello para o coito.

Outro concello veciño, o de Guntín indicou que vai actualizar a súa ordenanza e soamente vai permitir o sexo nos coches a parellas casadas pola igrexa e sempre que non utilicen preservativo. O único método anticonceptivo será a marcha atrás. ‘Aquí fódese cristianamente e mediante métodos aprobados polo Santa Igrexa Católica e o Sergas”, comentou un concelleiro da corporación que tamén anunciou a contratación dun auxiliar de policía local para facer inspeccións e mirar se os penes dos usuarios están debidamente descubertos de calquera vestixio de látex.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.