Actualidade

A revisión dos delitos de agresión sexual faráa Forocoches.


A decisión chega despois da polémica sentenza da Manada.

O Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, ven de anunciar en rolda de prensa a decisión tomada polo Goberno central: a creación dunha comisión que revise o título VIII do código penal no referente ós delitos de abuso e agresión sexual. A comisión estará conformada por destacados membros de Forocoches, “a idea é que revisen estes delitos aqueles homes que no futuro se poden ver afectados polas condenas”.

O Ministro ademáis mostrouse visiblemente afectado polas “saídas á rúa de señoritas e señoras”, en clara alusión ás convocatorias convocadas por diversas organizacións feministas, “que só buscan reprimir os dereitos do xénero masculino”. Segundo Catalá, “esas mulleres non son conscientes das dificuldades que entraña ser home branco, cis e heterosexual”. Na súa opinión “os homes sofren moitísima presión”, “a maior masculinidade, maior éxito, a maior éxito maior frustración e a maior frustración maior probabilidade de cometer delitos de natureza sexual”. “É inevitable e non se pode culpar ós homes diso” concluíu.

Dende Forocoches aplauden está iniciativa, “os homes somos as verdadeiras víctimas deste sistema. Traballaremos por un código penal que protexa inda máis os nosos dereitos e teña en conta a nosa vulnerabilidade, e, ó mesmo tempo, aborde a malicia femenina”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.