Sociedade

España estudará a independencia de Catalunya para ter máis posibilidades en Eurovisión


‘Como esto va por el voto que te dan los vecinos así España tendría más posibilidades’, indican fontes de próximas ao goberno.

O asunto de Catalunya pode dar un xiro radical nos próximos meses e, contra todo prognóstico, o que pode facer que todo mude sería un concurso televisivo de cancións.

Segundo trascendeu no día de onte todo o que está a acontecer con de Catalunya podería mudar a raíz de Eurovisión. O equipo de goberno de Mariano Rajoy estaría tratando de conseguir un éxito na presente lexistatura e este podería pasar por gañar Eurovisión. Isto obrigaría a replantexar toda a estratexia do goberno e ir a unha consulta pactada para propiciar que se independizara e así conseguir os 12 puntos eurovisivos que tería o país catalán.

Se isto non chegara irían dándolle a independencia a outros como Euskadi ou Galiza para asegurar máis apoios. O plan é tan ambicioso que se plantexa incluso a independencia de Murcia e de Móstoles se fose necesario.

Fontes do PP non ven moi claro este escenario pola posición histórica do partido pero ante a irrupción de Ciudadanos que lle está a comer as papas por ese flanco xa non descartan a operación. Houbo algunha voz que incluso adiantou que con esta proposta tería aprobado antes os orzamentos do estado.

En calquera caso dende o partido conservador non queren precipitarse en tomar unha decisión e agardarán a ver o resultado da edición deste ano para decantarse o descartar a idea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.