Sucesos

Colle unha fochanca da N-540 e acaba en Nova Celandia


Un veciño de Chantada aventurose a conducir pola N-540 e remata en Nova Celandia tras coller unha fochanca.

Adriano BF, veciño das Córneas, tiña pensado achegarse a Chantada para facer a compra e resolver algún que outro trámite administrativo. Como todos días colleu o seu coche sen carné e aventurose a entrar na N-540. Como é habitual ía esquivando os baches parsimoniosamente ata que lle foi imposible coa mala sorte de que colleu o máis profundo e acabou na rexión de Canterbury en Nova Celandia.

Alí foi atopado, no Parque Natural do Lago Sumner esnafrado contra un bidueiro, por un grupo de maoríes. Momento no que o home recobrou o coñecemento e, ao ver un grupo grande de maoríes, falando raro preguntou como chegara el ao barrio coruñés de Monte Alto.

Pese os esforzos do home en falar en castelán non conseguiu entenderse ata que foi levado ao hospital de Christchurch onde foi atendido por un médico galego que despois de examinalo e comprobar que estaba ben procedeu a axudalo a cumprirmentar os trámites para a súa repatriación.

A familia do home, que levábao buscando unha semana, xa puxo unha queixa ante o Ministerio de Fomento que xa avanzou que procederá a botar algo de gravilla e rego asfáltico no bache en cuestión.

Pola súa banda Alberto Núñez Feijoo xa anunciou que acudirá á recepción do home no aeroporto de Lavacolla onde lle entregará a primeira axuda para emigrantes retornados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.