Educación

A Consellería convalidará a experiencia como Grao universitario


O plan Bolonia asegura así que todo o mundo poda ter un título universitario.

A Consellería de Educación vén de confirmar nas últimas horas que a experiencia efectivamente é un grado é como tal será convalidado para todos aqueles que o soliciten e demostren ter cando menos unha experencia mínima de 10 anos nas materias a convalidar.

A propia convalidación da experiencia era unha reclamación feita durante anos por milleiros de persoas, na súa maioría de idade avanzada que incluso conseguiron no seu momento colar dita petición no refraneiro popular: “A experiencia é un grao”.

Deste xeito, todo aquel qur acredite ter experiencia nalgo podera, a partires do 10 de maio, solicitar o seu certificado universitario que regule como grao o feito de se coñecedor de diferentes cousas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.