Na inauguración da megafonía mantivo soando durante 24 horas seguidas “Una espiga dorada por el sol”.
Un cura dunha parroquia, farto de que o número de feligreses fora baixando domingo tras domingo, mercou un equipo de megafonía de trinta mil vatios de son para que ninguén se perda a misa.
Segundo relataron a este medio fontes próximas ao bispado o cura mercou a través de ebay un equipo de megafonía que utilizaba o exército de Corea do Sur para difundir consignas cara o seu veciño do norte.
‘Aquí ten que escoitar a misa todo dios’, indicou o párroco ao que parece importarlle pouco as queixas dos veciños que chegan de toda a contorna. Veciños de que viven a máis de 30 km están desesperados ‘Escótase como a Panorama. É insoportable. Cando os nosos cans comezan a ouvear xa nos preocupamos”, declaran visiblemente afectados.
‘A xente que proteste o que queira’, indica o párroco.’A sociedade está a perder a fe en Deus e iso non se pode permitir, empezamos por iso e acabamos por romper España’, exclamou.
Un almacén de obras do concello xa declarou ter vendido todo o seu stock de cascos de illamento sonoro dos que se utilizan para os martillos percutores. ‘Vimos de realizar un pedido de 500 máis e coido que non nos van chegar’, anunciaron.
Pola súa banda, mozos do pobo xa intentaron boicotear os altofalantes pero sen éxito. ‘A potencia de son e tal que non se pode un achegar a menos de 10 metros porque o aire arrástrate cara atrás’, declararon.