Sociedade

CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio


Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas.

Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de maio que se celebrarán nas principais cidades do país.

CSIF e USO xa anunciaron que apoian as marchas se ben non acudirán á convocatoria xa que a celebración do día do traballo soamente pode conducir ‘ao bolcheviquismo’. A pesar do anterior comunicaron que valoran a unidade na esquirolaxe e que ese é o camiño a seguir.

Afiliados de base de CCOO e UGT xa criticaron que se celebren actos conxuntos co Partido Popular pero os líderes da centrais xunto con delegados e cadros sindicais replicaron que os millóns para formación e as aportacións aos plan de pensións privadas non son para deixalos pasar. ‘La cosa está malita. Las pensiones bajan y hay que pensar en el futuro’, declararon fontes próximas ás cúpulas das dúas organizacións.

Pola súa banda, voceiros do PP amosáronse moi satisfeitos pola convocatoria e xa anunciaron a presenza do vicepresidente Alfonso Rueda na manifestación de Vigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.