O executivo tería pensado levar o proxecto de lei ó próximo pleno.
Fontes achegadas ó Goberno central indican que a prohibición da cor amarela é a próxima xestión que ten pensado levar a cabo a equipa de M.Rajoy.
Tan só uns días despois de que a policía nacional requisase centos de bufandas, camisolas e calquera outro tipo de outfit de cor amarela, sae a luz a medida, a cal inda non foi desmentida polos servizos de comunicación do Goberno. Todo apunta así, que dita cor podería quedar erradicada das nosas vidas nas vindeiras semanas. Só quedaría por saber cal sería o novo deseño da bandeira española da cal habería que eliminar a súa banda central.
Para o proxecto de rediseño da bandeira especúlase que podería correr a cargo de Marta Sánchez. A cantante afincada en Miami tería o encargo de reformular a bandeira española de acordo e a xogo a letra que ela mesma compuxo para o imno do estado. Fontes próximas á cantante apuntan que a cor elexida podería ser o laranxa, un guiño cara Ciudadanos.