Descobren un Samsung Galaxy S5 que soña con ovellas eléctricas

 Un equipo de investigadores canadenses acaban de confirmar o achádego dun Samsung Galaxy S5 que estaba a soñar con ovellas eléctricas durante o seu proceso de carga Segundo transcendeu do paper que acaban de publicar en Science o novo dispositivo da empresa coreana está a superar os test de Turing de intelixencia artificial o que,…

Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas

A Policía Nacional realizou na xornada de onte unha redada nos arredores da vila de Ortigueira, onde nestes días se celebra o popular festival do Mundo Celta, e onde se dan cita milleiros de persoas, moitas delas, segundo o responsable do corpo de policía son “de aspecto dudoso”. Na redada, ademais doutros artigos que as…

Miles de persoas terán proídos xenitais no festival de Ortigueira

As causas serán fundamentalmente o desenfreno sexual e a necesidade de “cagar de campo” “A confluencia de falta de luz, exceso de alcol e necesidades fisiolóxicas pódense converter nun inferno” advirten expertos en festivais de verán. Segundo explican, a falta de luz pode facer que non nos fixemos onde apoiamos os nosos cus ou xenitais…

A Armada española estuda substituír o Juan Sebastián Elcano por unha planeadora

Despois de que tres mariñeiros do buque-escola “Juan Sebastián Elcano” foran detidos por tráfico de drogas e que se incautaran 127 kilos de cocaína no barco, a Armada española solicita do Ministerio de Defensa un informe para substituír o coñecido veleiro por unha planeadora para facer a instrución dos gardamarinas no medio das bateas no canto de realizalas en…

O PSOE subtitúe o retrato de Pablo Iglesias das súas sedes polo de Milton Friedman

No último consello federal do Partido Socialista Obrero Español, esta organización política decidiu adoptar a sinceridade coma nova estratexia política A ponencia aprobada por ampla maioría foi presentada por Pedro Sánchez. Nesta ponencia deixou claro que os ideais que defendeu Pablo Iglesias hai máis dun século xa non representan o sentir maioritario da organización, sendo…

Baltar asegura que as subvencións vainas devolver “su puta madre”

Baltar Jr. anunciou un recurso ante a sentenza que obriga a Deputación de Ourense a devolver os 10 millóns de euros embolsados polo caso das depuradoras. As irregularidades detectadas pola oficina anti fraude europeo(OLAF), e agora asumidas polo Goberno do Estado español pretenden obrigar a que o ente provincial ourensán reintegre o montante de 10,1…

O PSOE contento pola vitoria de Alemaña

O novo líder do PSOE Pedro Sánchez mostrábase ledo pola vitoria de Alemaña na final do Mundial de Brasil 2014 “Alemaña siempre fue para nosotros un ejemplo a seguir, y de quien recibir útiles consejos, como un padre para nosotros, por eso no podemos hacer otra cosa que felicitarles por su importante victoria”. Pola outra banda…

O Leo e Arremecághona pásase ao electrolatino

O cantautor punk galego da por finalizado un ciclo e anuncia que se pasa ao electrolatino Nun xiro que ninguén esperaba o cantautor de Matamá, Leo e Arremecaghona, da un xiro de 180 graos na súa carreira e anuncia que vai abrazar as teses musicais de Juan Magán. Segundo anunciou o artista pecha unha etapa e…

Incautan un alixo de calcomanías con droga no Morrazo

A banda traballaba nas zonas do Morrazo e o Salnés e prentedía extenderse por todo o país co comezo do próximo curso escolar. Na mañá de onte a policía española, despois dun chivatazo anónimo, apresaban nun baixo da cidade a un grupo de catro persoas, que presuntamente empaquetaban e preparaban os fardos coas calcomanías preparadas…

Albaneis heavys adhírense ao convenio do metal

Así vén de confirmalo CIG Metal. A dous albaneis heavys de Carnota seráselle aplicado a partires de hoxe o convenio do metal debido a “fondas cuestións de arraigo interior”. A noticia saía onte á luz debido ao despido improcedente dun deles e a posterior denuncia por parte da central sindical galega. “A súas fondas conviccións…

A RAG proporá a Manuel Fraga para o Día das Letras Galegas do 2016

Despois de nominar para o 2015 a Filgueira Valverde a Real Academia Galega reforza a súa aposta polo franquismo A pasada semana saltou a polémica nas redes e na prensa despois da elección do polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde. Foron moitas as asociación e colectivos que protestaron pola elección dunha persoa que tiña vínculos evidentes co franquismo…