Política

O PSOE subtitúe o retrato de Pablo Iglesias das súas sedes polo de Milton Friedman


No último consello federal do Partido Socialista Obrero Español, esta organización política decidiu adoptar a sinceridade coma nova estratexia política

Milton FriedmanA ponencia aprobada por ampla maioría foi presentada por Pedro Sánchez. Nesta ponencia deixou claro que os ideais que defendeu Pablo Iglesias hai máis dun século xa non representan o sentir maioritario da organización, sendo hoxe os membros do PSOE ferventes seguidores das teorías de Milton Friedman. Ó texto proposto por Sánchez foi emendado por Jordi Sevilla que apoiado entre outros por Miguel Sebastián pretendía, en aras de profundizar na sinceridade, cambiarlle o nome á organización por “Partido Liberal das Colonias Unidas de Alemania”. Esta proposta, tras un longo debate, foi rexeitada por 3/5 dos membros do consello federal.

Preguntado por esta cuestión Paco Vázquez manifestou “ya era hora de quitar las fotos de ese pobre hijo de soltera de nuestras sedes, no nos representa”, mentres que Elena Valenciano dixo sorprendida “como es posible que tuviésemos fotos del “coletas” en los locales del partido?”

A dirección do partido non descarta tomar nas próximas semanas novas medidas para fomentar a sinceridade do PSOE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s