Este está a ser un verán atípico en todos os sensos, e en todo o que teña que ver cos areais galegos moito máis. A falta de sol e calor esta a retrasar a tempada praieira afectando tanto a usuarios como a negocios dependentes do turismo de sol e toalla.

Reconstrucción de TemposGalegos
Pero hai un colectivo en Galiza que espera o sol con gran desexo. Trátase dos fetichistas dos pés, os cales esperan o sol para poder dar renda solta á súa grande pasión.
É por isto que, en conversas con TemposGalegos, FAPS Galiza (Fetichistas Asociados de Pés Senlleiros) se declaran entristecidos e incluso apesadumbrados porque o mal tempo impida lles impida ir a practicar o seu hobby, “chega un momento que por máis que busques pés no google non aparecen máis, e como os galegos hai poucos”.
“A temporada de fanecas en praias como A Lanzada debera estar a piques de comezar e nós aquí mirando unha pantalla”. E é que o ano pasado calcúlase que tan só no mes de xullo atenderonse no Grove uns 1.000 casos de picaduras de fanecas. “Non só non te miran mal, senón que é a xente a que che ensina os pés para que observes as súas picaduras. Ata llos podes tocar!”. “Algunha vez se lle dis que hai que quitar o veleno ate podes chegar a chupar algún, é unha pasada!” comentan os membros de FAPS entre risas”.
Se todo segue segundo o previsto, a partir desta semana e coa chegada do bó tempo, FAPS Galiza poderá voltar as praias de todo o país e con eles a súa pasión polos pés alleos.