Baltar Jr. anunciou un recurso ante a sentenza que obriga a Deputación de Ourense a devolver os 10 millóns de euros embolsados polo caso das depuradoras.

Baltarín atendendo esta mañá aos medios.
As irregularidades detectadas pola oficina anti fraude europeo(OLAF), e agora asumidas polo Goberno do Estado español pretenden obrigar a que o ente provincial ourensán reintegre o montante de 10,1 millóns de euros, posto que a confianza na honestidade do clan Baltar non é un argumento válido.
Depuradoras de barcos instaladas no medio dos lameiros galegos, que nunca funcionarán, é o novo drama que ten por diante o herdeiro do trono ourensán, o cal daba unha rolda de prensa na que explicaba que eses fondos están ben invertidos e que non pensa devolver nin un euro, “que veñan buscalo se queren, que de aquí non sae nada. As subvencións vainas devolver su puta madre”.
O ministerio de Facenda, con Cristóbal Montoro ao seu frente é claro, “ou se entregan e devolven os cartos ou que se preparen”. “Comenzamos a ter serias sospeitas de que a Deputación de Ourense e o seu entramado estén a financiar a grupos terroristas armados, como Resistencia Galega, ETA ou ao IRA”.