Sociedade

Miles de persoas terán proídos xenitais no festival de Ortigueira


As causas serán fundamentalmente o desenfreno sexual e a necesidade de “cagar de campo”

Campista poñendo en práctica os consellos dos expertos

Campista poñendo en práctica os consellos dos expertos

“A confluencia de falta de luz, exceso de alcol e necesidades fisiolóxicas pódense converter nun inferno” advirten expertos en festivais de verán. Segundo explican, a falta de luz pode facer que non nos fixemos onde apoiamos os nosos cus ou xenitais provocando miles de casos de ortigamento con especies autóctonas que rematan en proído en partes sensíbeis da anatomía. “Cando o exceso de alcol fai presenza o caso pode ser moito máis grave xa que a xente soe caer sobre ortigas, toxos e outras especies punzantes co que o comechón pode chegar a ser insoportábel”.

Todo isto pode verse agravado debido a actividade sexual dos festivaleiros e festivaleiras que acoden ao festival.

En palabras do voceiro dos físicos experimentais “Isto é como as ondas. Cuestión de frecuencia e intensidade. Recomendamos que se aumenta a frecuencia debe baixar a intensidade mentres, se a frecuencia non é moita podemos aumentar a intensidade sen perigo”

A Asociación Galega de Entomólogos tamén advertiu da presenza de mosquitos e outros insectos que poden provocar rañeira en moitas partes do corpo. Así recomendan aos campistas que ademais dos coñecidos xeles de sexuais de frío e calor tamén sexa utilizado o Afterbite que aínda que non inflúe no comportamento sexual da parella si que pode resultar a mar de agradábel en determinadas circunstancias.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s