Cultura

O Leo e Arremecághona pásase ao electrolatino


O cantautor punk galego da por finalizado un ciclo e anuncia que se pasa ao electrolatino

leo e arremecaghona electrolatino 2

O Leo e Arremecaghona lucindo un look abisbalado máis acaído para o seu novo estilo musical

Nun xiro que ninguén esperaba o cantautor de Matamá, Leo e Arremecaghona, da un xiro de 180 graos na súa carreira e anuncia que vai abrazar as teses musicais de Juan Magán.

Segundo anunciou o artista pecha unha etapa e agora lle ilusiona a posibilidade de poder facer electrolatino cantando con gheada. “É un campo sen explorar”, indicou e anunciou que versionará varias das súas composición neste novo estilo musical.

As bandas nas que colaboraba, Labregos do tempo dos Sputniks e Das Kapital xa anunciaron que se desmarcan do proxecto e declararon que “Nós somos moito máis clásicos, se aínda se pasara ao Reggaeton pensariámolo pero as merdalladas esas modernas…”

A Asociación de Poligoneros Nacionalistas (APN) saudou con esperanza a iniciativa. “Os nosos dous socios están encantados”, declararon.

A Coordinadora Unitaria de Chonis Independentistas (CUCHI) tamén se amosou esperanzada e declarou que “Agardo deixar de ser a única integrante da asociación e que isto sirva para que miles de mozas abracen o chonismo galego”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.