Sucesos

Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas


A Policía Nacional realizou na xornada de onte unha redada nos arredores da vila de Ortigueira, onde nestes días se celebra o popular festival do Mundo Celta, e onde se dan cita milleiros de persoas, moitas delas, segundo o responsable do corpo de policía son “de aspecto dudoso”.

Na redada, ademais doutros artigos que as fontes policiais non fixeron públicos, incautáronse máis de 4.000 cans, a maior parte deles palleiráns, e cerca de 7.000 flautas. O responsable da policía co que falou Tempos Galegos asegura que non ten nin idea de para que quererían tanta flauta “pero seguro que no traman nada bueno, solo hay que verles las pintas”.

No caso dos cans, a policía recolleunos por unha cuestión de saúde pública, segundo o mesmo responsable, xa que estaban “muy sucios y llenos de pulgas”. Os cans foron lavados e desparasitados, como se pode ver na foto que se fixo a algúns deles, e agora agárdase que sexan acollidos por particulares, para o que a Policia Nacional comezará unha campaña a través das redes sociais co lema “Sálvalo de los jipis, él lo haría por ti”.

“Eran para consumo propio” aseguraron a este medio algúns dos afectados visiblemente emocionados, a pesares de que algúns deles non se deran conta aínda da falta, seguramente debido ao consumo descontrolado de comida vegana como setas e outras herbas.

perroflautas

Foto do material incautado en Ortigueira

One thought on “Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas

  1. Eu estaba alí e puiden observar como tamén incautaron 34 diábolos e aprox. 36 palitroques deses de darlle voltas e facelos xirar, non me consta que foran estornelos.
    Aproveito para felicitar ao CNP pola sua actuación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.