Sucesos

A Armada española estuda substituír o Juan Sebastián Elcano por unha planeadora


Despois de que tres mariñeiros do buque-escola “Juan Sebastián Elcano” foran detidos por tráfico de drogas e que se incautaran 127 kilos de cocaína no barco, a Armada española solicita do Ministerio de Defensa un informe para substituír o coñecido veleiro por unha planeadora para facer a instrución dos gardamarinas no medio das bateas no canto de realizalas en alta mar e dando a volta ao mundo.

O Ministerio de Defensa non ve con malo ollos a iniciativa e xa anunciou que vai “valorar todos los puntos de vista” no seu informe. O Ministerio de Economía e Facenda xa anunciou que o tráfico de drogas vai a ser tido en conta no cálculo do PIB polo que o goberno “estudiará la medida”.

Alberto Núñez Feijoo xa anunciou que ía falar con Pemex e Barreiras para a construción da planeadora e, en relación á detención dos tres mariñeiros, declarou “son unos chavales, seguro que no tienen ni 34 años. Además, seguro que no sabían que quien les dio el paquete era un narco”.

planeadora

Infografía do posíbel novo navío da armada española

 

3 thoughts on “A Armada española estuda substituír o Juan Sebastián Elcano por unha planeadora

  1. Pingback: A Armada española estuda substituír o Juan Sebastián El Cano por unha planeadora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.