Despois de nominar para o 2015 a Filgueira Valverde a Real Academia Galega reforza a súa aposta polo franquismo
A pasada semana saltou a polémica nas redes e na prensa despois da elección do polígrafo pontevedrés Filgueira Valverde. Foron moitas as asociación e colectivos que protestaron pola elección dunha persoa que tiña vínculos evidentes co franquismo e incluso a Mesa pola Normalización Lingüística solicitou á RAG que rectificara a decisión.
Lonxe de zanxar a polémica a academia acaba de facer público que para o ano 2016 o homenaxeado no Día das Letras será o expresidente Manuel Fraga Iribarne.
Segundo comentaron fontes da Real Academia, “non se elixe á xente polo seu pasado político, senón polo seu pasado en defensa da lingua e da cultura” e destacaron a obra escrita de Manuel Fraga entre as que destacan a Lei de Prensa e Imprenta do franquismo, a obra colaborativa que supón a constitución española e algunha que outra sentenza de morte. Tamén se valorou o traballo de censura levado a cabo no réxime de Franco xa que mellorou unha grande cantidade de obras e a autoría duns 87 libros de propaganda e teoría política.
A preguntas da prensa indicando que a súa obra estaba toda en castelán un académico respostou “pero pensaba en gallego, coño!”