Actualidade

Incautan un alixo de calcomanías con droga no Morrazo


A banda traballaba nas zonas do Morrazo e o Salnés e prentedía extenderse por todo o país co comezo do próximo curso escolar.

Na mañá de onte a policía española, despois dun chivatazo anónimo, apresaban nun baixo da cidade a un grupo de catro persoas, que presuntamente empaquetaban e preparaban os fardos coas calcomanías preparadas para o seu reparto a comezos do próximo curso 2014-2015.

A banda pretendía distribuír de xeito gratuíto as calcomanías endrogadas entre nenos e nenas de diferentes idades ás portas das súas escolas e institutos unha vez comezado o próximo curso escolar no mes de setembro.

Todo apunta que o alixo podería proceder de Colombia e sería transportado nalgún buque mercante, e achegado á costa mediante planeadoras.

A policía está a investigar nestes momentos a trazabilidade do incautado para así poder dar coas dúas persoas que se presupón exerceron traballos loxísticos para a banda.

 

Algunhas das calcomanías con droga incautadas. Estas destinadas mozos de corte hipster.

Algunhas das calcomanías con droga incautadas. Estas destinadas a mozos de corte hipster.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.