Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…

Abel Caballero: “O barco ou en Coia ou na punta da miña…”

Abel Caballero responde así aos manifestantes que se agolpan para defender que o barco Bernardo Alfageme non sexa colocado nunha rotonda da cidade. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu unha vez máis en que o  barco “Bernardo Alfageme” será situado na rotonda de Coia a pesar “dos berreos de catro gatos dun barrio marxinal que…

Podemos beatificará a membros da dirección do Partido Popular

O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos. A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado…

Póñenlle un pisito e unha mercería a Rouco Varela

Ademais do luxoso piso, o arcebispado de Madrid, poralle unha mercería en Madrid O expresidente da Conferencia Episcopal española xa está máis tranquilo despois de que semanas atrás se temera polo desafiuzamento do cardenal do pazo arcebispal da madrileña rúa San Justo. A semana pasada coñeceuse que Rouco Varela ía vivir nun modesto pisito de tan so…

Google News deixará de indexar a Tempos Galegos

Chegan as primeiras consecuencias da aprobación por parte do goberno do novo canon AEDE, tamén coñecido como taxa de Google. A  compañía norteamericana Google deicidiu pechar o servizo que presta no noso país Google News Galiza, o cal deixará de prestar servizo o vindeiro martes 16 de decembro. A Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo goberno…

O novo turrón de carne richada chegará este Nadal

Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal. Dende a empresa sinalan que “somos…

Charlie Sheen protagonizará a versión americana d’A Esmorga

Anuncian unha versión americana da cinta de Ignacio Vilar que contará coa presenza do actor de ‘Dous homes e medio’ A produtora da familia Estévez-Sheen negociou a compra dos dereitos da longametraxe galega e anunciou que comezarán a rodar a versión en breve. Como non podía ser doutra forma a cinta estará protagonizada por un…

Abanca imporá comisións en todos os seus atracos

A asociación consumidores e usuarias galegas, ACOUGA, advertiu do risco “evidente” que supón esta medida, xa que a entidade bancaria asume a posibilidade de ser atracada e impón un gravame a estes actos. Nun comunicado, ACOUGA advertiu do perigo existente de que a banca realice baremos de taxas en relación coa gravidade dos feitos, desde o…

Lanzan ao mercado marihuana homeopática

Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa…