Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza.
Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80.
Cuíña Jr, agora en Compromiso por Galicia (CxG) dará o pistoletazo de saída á súa precampaña nunha rolda de prensa convocada para explicar algunha das novas medidas que proporá na capital do Deza. Unha delas, a cal xa adianta e desgrana no comunicado de prensa enviado este pasado luns, consistiría nun proxecto piloto para desodorizar o propio concello e que de saír ben, podería ser aplicado a toda a comarca.
O proxecto consistiría mediante a última tecnoloxía en drones teledirixidos, en rociar a totalidade do concello coa fragancia masculina, Varón Dandy, comezando pola periferia e adentrándose de xeito espiral ate chegar ao centro da propia vila. Esto suporía un contraste de olores, que segundo apuntaría Rafael Cuíña lograría “eliminar os olores porcinos que envolven o noso fermoso concello”.
Os problemas polo hedor das explotacións gandeiras son apreciábeis a quilometros de distancia afectando incluso aos conductores que habitualmente utilizan a AP-53 no momento de facer pago das súas peaxes.
Deste xeito CxG tería chegado a un acordo coa empresa colonial para que esta ocupe espazos prioritarios dentro das respectivas campañas municipais, desde o simple emprazamento publicitario en roldas de prensa e comunicados, a figurar incluso nalgún dos paneis publicitarios da formación galeguista.

Panel publicitario para o concello de Lalín.