A banda de veganos dispoñía de planos e pensaba asaltar diferentes casas do rural para ceivar aos porcos antes da súa transición a alimento.
Nunha macroredada organizada en diferentes pisos de Lugo e Monforte, os corpos de seguridade do Estado detiveron a un total de 10 veganos, considerados os cabecillas da trama.
Na operación secreta, levada a cabo polada Garda Civil en colaboración coa Policía Nacional e os GEOs incautouse numeroso material proselitista, composto por colantes e camisolas antimatanzas porcinas.
Segundo trascende do auto policial a trama extorsionaba a fruteiros e tendas de barrio, co que se financiaban para realizar as presuntas actividades “verdes”. Unha vez financiada a trama, esta disporíase a recorrer o rural interior galego deixando en liberdade os cochos e suxerindo unha alimentación sen ningún tipo de contido animal.
A maiores de todo isto, tamén foron atopadas difersas armas, así como verduras e frutas coas que presuntamente defenderse ante posíbeis ataques dos donos dos animais.
Fontes do ministerio de Interior non descartan que nas próximas semanas, co aumento das matanzas, se produzan novas detencións así como algún que outro incidente esporádico. Comunican que en caso de ver a xente extraña con vestimentas perralleiras e hippiolas non dubiden en chamar á policía, posto que poderían estar buscando novas vítimas polo rural galego.

Un dos colantes confiscados.