O partido liderado por Pablo Iglesias anunciou que, coa chegada do nadal, realizará unha beatificación masiva de directivos do Partido Popular, por ser quen máis están facendo para acabar con eles mesmos.
A organización política Podemos organizará en Madrid, nas vindeiras datas de nadal, beatificacións masivas de membros do Partido Popular. Segundo reza o comunicado feito público no día de onte, a corrupción xeraliada no seo do PP xunto coas políticas de agresión continua a amplos espectros da sociedade fan que o partido da dereita española perda grandes niveis de apoio entre o seu electorado.
Esta circunstancia, segundo Podemos, apunta cara un cambio de ciclo histórico, no cal a formación de Pablo Iglesias arrollará e se levará por diante á casta e a calquera caste de partido do réxime.
Diferentes membros das direccións estatais, autonómicas, provinciais e mesmo locais, están a facer máis polo auxe de Podemos e dos partidos de esquerda, que estos mesmos partidos, polo que merecen unha beatificación.
Desde Podemos Santería, círculo do que parte a iniciativa co aval de cargos políticos con Íñigo Errejón ou Juan Carlos Monedero, preténdese poñer o énfase na gran importancia que están a ter determinados políticos na descomposición das actuais organizacións partidistas, debido aos seus escándalos económicos.
Entre os políticos que serán beatificados destacan entre outros, o presidente Mariano Rajoy e o eurodeputado Arias Cañete, así como políticos autonómicos da talla de Francisco Camps ou Francisco Granados. No ámbito galego podemos atoparnos a membros do Partido Popular de Galicia como Gerardo Conde Roa, Ángel Currás ou Xosé Luís Baltar.
O PSOE non escapa desta beatificación e poderemos atoparnos a membros da formación da rosa como Felipe González, Pepiño Blanco ou ao deputado galego Pachi Vázquez.