Actualidade

O novo turrón de carne richada chegará este Nadal


Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón

turron carne richada

Este nadal, turrón de carne richada

O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal.

Dende a empresa sinalan que “somos pioneiros na creación do mercado dos postres salgados de nadal” e anuncian que se teñen éxito para o ano que ven prepararán un novo turrón de ‘capón de Vilalba’ e de ‘bacallau á galega’.

Preguntados polos nosos corresponsais sobre a posibilidade de lanzar unha liña dos tradicionais turróns doces a empresa responde que “O mercado dos doces está moi saturado e ademais xa non saben o que inventar dende que a torta de santiago se vende como postre típico de Nadal…”

A Plataforma pola Abdominal Única xa saudou publicamente o novo produto e a distribuidora Gadisa propietaria dos supermercados Gadis xa anunciou que o ofertará nos seus establecementos baixo o lema “Rillemos turrón como galegos”.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s