A asociación consumidores e usuarias galegas, ACOUGA, advertiu do risco “evidente” que supón esta medida, xa que a entidade bancaria asume a posibilidade de ser atracada e impón un gravame a estes actos.
Nun comunicado, ACOUGA advertiu do perigo existente de que a banca realice baremos de taxas en relación coa gravidade dos feitos, desde o furto ao atraco con violencia e morte.

Abanca imporá comisións aos atracos realizados na suas sucursais. Imaxe de VigoAlMinuto do atraco da pasada semana en Vigo.
A asociación cre que a regulación anunciada este venres Abanca constitúe unha medida “atrevida”, pois supón intervir no mercado do atraco, aumentando os importes aplicables pola banca a determinadas operacións xa sexan atracos, furtos ou famoseo, pero que “unha vez máis deixa aos consumidores aos pés dos cabalos” ante a peligrosidade deste tipo de accións.
Ademais, lembra que con ela Abanca adiántase a un proxecto de Regulamento da Comisión Europea co beneplácito do BCE, aínda non aprobado e pendente de debate no Consello Europeo e de negociación a tres entre o Parlamento Europeo, a Comisión e o propio Consello, respecto da que ACOUGA “xa trasladou tanto ás institucións europeas como españolas e galegas a súa preocupación”.

O atracador abatido a tiros en Vigo estaría exento do pago de comisións.
No mesmo proxecto Abanca incluiría unha disposición adicional perante a cal os atracadores abatidos a tiros non terían que facer fronte a ningunha comisión, quedando saldada a conta coa súa vida.
Ao seu xuízo, a norma aprobada pola entidade é “incompleta e parcial”, posto que se limita a regular só unha parte da operativa e non as posibilidades que as diferentes sucursais poden dar a facilitar os actos delictivos, desde localización ate a propia intelixencia dos seus empregados, “non se establecen mecanismos nin medida algunha en beneficio dos atracadores ou dos clientes, so se buscan máis beneficios para a banca”.
Por iso, insistiu na súa proposta de regulación das comisións bancarias, “ámbito carente de normativa clara e eficaz e fonte de abusos continuados e crecentes”.