Abel Caballero responde así aos manifestantes que se agolpan para defender que o barco Bernardo Alfageme non sexa colocado nunha rotonda da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu unha vez máis en que o barco “Bernardo Alfageme” será situado na rotonda de Coia a pesar “dos berreos de catro gatos dun barrio marxinal que se xuntan para facer ruído. Os marxinais e marxinados políticos conseguiron paralizar a obra pero que non me toquen as narices, o barco ou en Coia ou na punta da miña…”.
Así Caballero deixou claro a súa intención de zanxar o tema non sen antes repartir recados para todos e cada un dos partidos políticos que conviven na cidade olívica. “E a eses da Marexada, a ver se lles meto un transatlántico diante da porta” en clara referencia á plataforma cívico-política Marea de Vigo.
A asemblea en defensa da rotonda de Coia non quixo facer declaracións ao respecto, e limitouse a decir que o alcalde se contestaba so con esa actitude digna de calquera político da casta.
Polo de agora e á espera do que pase co Alfageme, os veciños de Vigo seguirán a defender que os cartos se destinen con dignidade a quen máis o precisa, como di o seu lema de guerra: “Non pode ser, o barco á rotonda e a xente sen comer”. Afirman que non darán nin un paso atrás.

Abel Caballero mostra, cunha maqueta, como quedaría o Alfageme se en lugar de en Coia, fose colocado noutro lugar, seu, de rima consonante.