A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda.

Fotograma do discurso de Nadal, deste ano, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como rexión periférica, forma parte”.
O discurso que foi gravado durante a mañá de onte recolle diferentes temáticas subxectivas do estado da autonomía así como esperanzas e promesas de futuro.
Rueda explicaba o cómo e por qué deste cambio de idioma nos datos estatísticos, nos cales por primeira vez na historia, demostran que son máis os hispanofalantes que o número de persoas que habitualmente se comunica en galego dentro da comunidade autónoma.
Tamén quixo recordar que a pesares das disputas, o PPdeG non garda ningún tipo de rancor ao resto de partidos da oposición no Parlamento Galego e desexalles a todos un Bo Nadal, aproveitando para facer unha crítica as novas “tradicións inventadas por secesionistas indocumentados, que pretenden introducir figuras como a do Pandingueiro ou Apalpador para tentar buscar excusas que os diferencien do resto de persoas do estado”.