Actualidade

Google News deixará de indexar a Tempos Galegos


Chegan as primeiras consecuencias da aprobación por parte do goberno do novo canon AEDE, tamén coñecido como taxa de Google.

A  compañía norteamericana Google deicidiu pechar o servizo que presta no noso país Google News Galiza, o cal deixará de prestar servizo o vindeiro martes 16 de decembro.

Google

Google News deixará de indexar a Tempos Galegos

A Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo goberno do Estado español entra en vigor en poucos días, o próximo mes de xaneiro de 2015, e neste caso Feijoo non quería ser menos e aprobará unha lei de características similares para o ámbito gaelgo. Esta fixa que tanto Google como calquera outro agregador de noticias debe pagar unha compensación ao editores por reproducir os seus contidos. Isto levou a que Google tomase cartas no asunto,decidise por fin ao seu servizo no noso país, de maneira que infinidade de publicacións como Tempos Galegos, deixarán de ser indexadas e mostradas. Trátase do segudno país no que Google News deixa de prestar servizo (despois de España) de todos nos que o servizo está presente. Tamén outros medios galegos serán eliminados da indexación que leva a cabo Google News a nivel global.

Google News permitía aos usuarios personalizar determinadas áreas de interese, co fin de ofrecer a información relacionada cos seus gustos e intereses. Con Editor Picks permitía elixir o tipo de noticias que un usuario quere ver na súa páxina principal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.