Putin investiga co uso de gatos atómicos

O primeiro ministro ruso presenta un prototipo de gato atómico na feira das ciencias de Stalingrado. Unha nova ameaza velada foi a presentada por Vladimir Putin durante este fin de semana. Baixo os temores de investigacións nucleares para a creación de armas por parte de Irán, agora é Rusia quen presenta un novo e sofisticado…

Miles de persoas saen a pasear á vez en Vigo

‘Agora á xente dalle por aí’, comentou Alberto Núñez Feijoo. O pasado xoves 3 de setembro produciuse un fenómeno estraño no que centos de miles de persoas saíron a pasear á vez polas rúas da cidade de Vigo. A conselleira de Sanidade declarou que lle parecía moi ben que ‘la gente adquiera estilos de vida saludables’. ‘Pasear…

A Xunta exporta ao Xapón o seu modelo educativo

Despois da metida de pata do embaixador xaponés Kazuhiko Koshikawa, falando en galego en Galicia, Núñez Feijóo alenta ao país asiático a adquirir un modelo educativo e lingüístico semellante ao galego. Unha nota de prensa da Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, vén de explicar que o contido fundamental dos acordos asinados co Xapón o pasado…

Blablacar identificará os coches por linguas

Tralas últimas polémicas da plataforma para compartir coche os desenvolvedores da web implementarán novos atributos a conductores e viaxes. A plataforma web Blablacar, na que persoas de todas as idades comparten coches, gastos e viaxes, vén de anunciar nas últimas horas que para evitar as polémicas como as xurdidas a pasada semana a raíz do idioma…

Lores ofrece a Feijóo a entrada do PP na ‘Marea Galega’

A xuntanza entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Xunta de Galiza foi moi fructífera segundo fontes oficiais. Miguel Anxo Fernández Lores e Alberto Núñez Feijóo mantiñan na mañá de onte unha xuntanza na que foron tocados diversos temas, entre eles a panorámica das próximas eleccións ás Cortes Españolas ou a demencia de Beiras. Despois…

Sospeitan que Felipe González teña rexistrado o x.gal

A recente compra do dominio por parte de alguén levanta as sospeitas de que o expresidente español ou o seu equipo o tivera mercado. Os Grupos Antiterroristas de Liberación máis coñecidos como GAL, desapareceron das portadas dos xornais a principios dos anos 90, pero presuntamente seguen mantendo viva a súa cerna como se demostra cos…

‘Mata hipsters en las Cíes’: Siniestro Total actualiza o seu primeiro éxito

Os compoñentes do grupo de Monforte vigués Siniestro Total lanzarán unha nova versión remasterizada e actualizada do seu primeiro éxito ‘Mata hippies en las Cíes’. Segundo contan fontes da súa discográfica andan morriñentos e por iso van lanzaron un novo EP (Extended Play, para os non viejunos) e nel van a incluír a actualización dunha das súas cancións máis emblemáticas…

Boomer volve ao mercado co chicle de ‘Polbo pouco cocido’

Despois do peche de fábrica de Tarazona en 2009 a marca lider en chicles nos anos 90 relánzase ao mercado cun novo sabor, que será fabricado entre as cidades de Vigo e O Carballiño. A marca de chicles que nos 90 se fixocase por completo co mercado de goma de mascar entre os máis novos…

Plutón agradece a confianza dos Cuchufellos na foto da NASA

O planeta anano amósase adorábel nunha das imaxes dadas a coñecer pola axencia espacial norteamericana. Plutón, o planeta anano, que no 2006 foi deixado de ser considerado como tal pola ciencia, amosa agora a súa faciana máis agradábel nas fotos distribuídas pola NASA o pasado martes e realizadas pola sonda espacial New Horizons. Nelas o plutoide…